tussa

Novo bus + Bus

concello de santiago


Novas

DE INTERESE SOBRE O TRANSPORTE URBANO

Modificación dos aforos máximos permitidos nas prazas de pé no transporte urbano (efectos desde as 00.00 horas do día 9 de outubro de 2021)

08/10/21

ORDE do 7 de outubro de 2021 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia e se modifican a Orde do 14 de setembro de 2021 pola que se aproba o novo Plan de hostalaría segura da Comunidade Autónoma de Galicia e a Orde do 29 de setembro de 2021 pola que se aproba o novo Plan de lecer nocturno da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG 195, venres 8 de outubro de 2021)

O aforo máximo, nas prazas de pé, permitido nos autobuses de carácter urbano queda redactado no punto 3.18 Transportes do DOG no apartado 1.b) como segue:

Nos vehículos e nas embarcacións que teñan autorizadas prazas de pé procurarase que as persoas manteñan entre si a máxima distancia posible, e establécese como límite de ocupación máxima o setenta e cinco por cento (75%) das prazas de pé.

Lembrar que seguen en vigor:

Que se poderán ocupar a totalidade dos asentos. Manterase a separación máxima cando o nivel de ocupación o permita

A obrigatoriedade do uso da máscara no transporte público

Non se poderán consumir alimentos no interior dos vehículos e deberán, igualmente na medida do posible, evitar consumir bebidas, conversar ou manter calquera outro contacto directo con outras persoas ocupantes do dito vehículo.