tussa

Novo bus + Bus

concello de santiago


Novas

DESVÍOS NO TRANSPORTE URBANO

Desvío nas liñas 7 e C11 por corte de tráfico en Curros Enríquez (desde o luns 29/11 ata o mércores 1/12)

25/11/21

Con motivo dun corte de tráfico na rúa Curros Enríquez, as liñas 7 e C11 realizarán os desvíos que se indican, entre o luns 29 de novembro e o mércores 1 de decembro, de 8:30 a 19:00 cada un dos días:

*Liña 7 (traxectos Aríns / Fornás - Valle Inclán): desde Curros Enríquez desviarase por Bernardo Barreiro, avda. de Lugo e rúa do Hórreo, retomando o seu itinerario habitual.

Queda suprimida para a liña 7 a parada 226, Curros Enríquez, á altura do número 5 da rúa.

*Liña C11 (circular Fontiñas): circulando pola avda. de Lugo, continuarán sen desviarse pola avenida, rúa do Hórreo, e retomarán o seu itineario por República do Salvador e Doutor Teixeiro.

Quedan suprimidas para a liña C11 as paradas: 130, Bernardo Barreiro; e 226, Curros Enríquez.

Pregamos desculpen as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.