tussa

Novo bus + Bus

concello de santiago


Novas

DESVÍOS NO TRANSPORTE URBANO

Desvío na liña 7 por corte de tráfico na rúa da Obrigada en Aríns (martes 30/1 entre as 9:00 e as 18:00)

29/01/24

Con motivo dun corte de tráfico na rúa da Obrigada o martes 30 de xaneiro entre as 9:00 e as 18:00, a liña 7 realizará o seguinte desvío:

*Liña 7, servizos de volta desde Aríns: desde a rúa Senande, despois de Sanxuás desviaranse á esquerda cara San Martiño, retomando o seu itinerario habitual a partir do cruce coa rúa da Obrigada.
Quedarán suprimidas neste horario as paradas 624, Torrebranca; e 625, rúa da Obrigada.


Pregamos desculpen as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.