tussa

Novo bus + Bus

concello de santiago


Novas

DE INTERESE SOBRE O TRANSPORTE URBANO

Restricións e desvíos no transporte urbano. Desfile de Entroido (martes 13/2/2024)

09/02/24

Con motivo da celebración do desfile de Entroido, as liñas de transporte urbano terán restricións temporais na circulación:

*O desfile comezará ás 17:30 có seguinte itinerario: avenida de Ferrol, Romero Donallo, Frei Rosendo Salvado, Praza Roxa, República do Salvador, Hórreo e Senra, para rematar na avenida de Xoán Carlos I.
*A avenida de Ferrol estará cortada ao tráfico desde as 15:00 ata as 17:30, ao realizarse alí a concentración das carrozas. Nese horario, as liñas 5, 12 e C4 non realizarán as paradas da avda. de Ferrol, desviandose desde a rotonda de Conxo ata a rotonda de Galuresa, Romero Donallo, e retomando o traxecto na primeira parada da rúa República Arxentina. A partir das 18:00, os buses voltarán a circular pola avda. de Ferrol, se ben poden ter que agardar o paso do desfile na zona do Ensanche.

*Os autobuses agardarán ao paso do desfile, seguindo en todo caso as indicacións da Policía Local. As liñas con circulación pola rúa da Senra e Ensanche desviaranse a través das vías avda. de Lugo – Hórreo (estación) – Romero Donallo, desde onde retomarán os seus itinerarios unha vez pase o desfile por esa zona.

*Para o servizo ao aeroporto coa liña 6A, a parada de referencia no centro será na rúa do Hórreo (carril bus estación Intermodal), tendo que desviarse pola avda. de Lugo mentres dure o paso do desfile, sen realizar as paradas polo centro da cidade.


Pregamos desculpen as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.