tussa

Novo bus + Bus

concello de santiago


Novas

DESVÍOS NO TRANSPORTE URBANO

Desvío por corte de tráfico na rúa de Viena (a partir das 9:00 do luns 18/3/2024)

15/03/24

Con motivo dun corte ao tráfico na rúa de Viena, as liñas que circulan pola rúa realizarán desvío:

O corte afectará á liña 9 (traxecto CDC-Casas Novas), C2 (aos hospitais), C5 e C11 (ao centro). Estas liñas, despois de realizar a parada na rúa de Londres, continuarán a subida por esta rúa ata a avda. de Lugo.
Quedarán suprimidas o luns 18 a partir das 9:00 as paradas: (293) Lisboa, Área Central; e (128) Berlín, centro sociocultural. Os usuarios poden dirixirse ás paradas anterior ou posterior de cada liña: (296) rúa Londres, EGAP; ou (87) Avda. Rodríguez de Viguri (c. Monte dos Postes).

Pregamos desculpen as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.