A empresa municipal TUSSA nace no ano 1999. O seu carácter público (100 % capital municipal) fai que os seus obxectivos redunden na nosa cidadanía de maneira directa.
Entre os seus fins principais destacan: ordenación e control do tráfico urbano, política de aparcamentos e xestión dos aparcamentos en vías urbanas e en recintos exclusivos, xestión da estación de autobuses así como en xeral a mobilidade da cidade.
En definitiva, é obxecto da empresa a instrumentación das políticas de transporte que serven ás necesidades da cidade. Isto inclúe a administración a través dos medios habilitados pola normativa vixente do transporte urbano colectivo, tanto sexa de superficie como soterrado ou aéreo, calquera que fose o tipo de vehículo, o seu medio de tracción ou emprazamento.
Desde o inicio da súa andaina no ano 1999,
TUSSA confeccionou o primeiro prego de transporte urbano que comentou no ano 2001 e que se volveu a redactar no ano 2005. No ano 2001 a empresa fíxose cargo da xestión do aparcadoiro de superficie de Cornes e o aparcadoiro soterrado de Xoán XXIII.
No ano 2004
TUSSA fíxose cargo da xestión do aparcadoiro de superficie de Belvís e a dársena de autobuses de Xoán XXIII. No ano 2005 o Concello cedeunos a concesión da explotación da estación de autobuses.
Composición do Consello de Administración
- Presidente: Don Xosé A. Sánchez Bugallo
- Vicepresidente: Don Carlos Nieves Vicente
- Vogais:
Dona Rosa Fernández Somoza
Dona Amelia González Brandariz
Don Javier Sánchez-Agustino Mariño
Dona Elvira Cienfuegos López
- Secretario: Don José Ramón Alonso Fernández
- Interventora: Dona Inmaculada Viña Carregal
- Director - xerente: Don José Ramón Mosquera Ferreiro