tussa

Novo bus + Bus

concello de santiago


Novas

SERVIZO DE TRANSPORTE PARA ASISTIR AO PARTIDO

Servizo de transporte ao estadio de San Lázaro para o partido SD Compostela - CD Guijuelo (6/9/2014)

04/09/14
Consulten os servizos de transporte para asistir ao partido da SD Compostela o sábado 6 de setembro ás 20:00 no estadio de San Lázaro.

A liña 6 do transporte urbano incluirá no seu percorrido o estadio de San Lázaro, nos servizos con saída de Os Tilos ás 18:30, 19:00 e 19:30.

Ao remate do partido, os servizos con saída de San Marcos ás 21:45 e 22:15, accederán ao estadio para o regreso.